Visitas...

21 de feb. de 2015

Charla informativa da Asociación Española Contra o Cancro

O vindeiro luns día 23, ás 17:00h celebraremos unha charla informativa nas nosas instalacións sobre a actividade da Asociación. 

Este é o cartaz da mesma e a información que se vai tratar.


13 de feb. de 2015

ENTROIDO 2015

Moitos de vós seguro que xa comenzastes a disfrutar do Entroido nalgún recuncho desta nosa provincia tan especial para esta festa. Aquí no Carballiño afrontamos esta semana coas mellores intencións para pasalo ben, rirnos de nós mesmos e con todo o que se apunte a esta festa.

No Casino disfrutaremos especialmente mañá Sábado 14 cunha Festa de Disfraces no FIADEIRO a cafetería da entidade, con premios para o mellor grupo, mellor parella e mellor disfraz individual. Podedes inscrivirvos ata as 12 da noite e a resolución do xurado será en torno ás 2:30h según a afluencia de xente.

Posteriormente, o Domingo 15, celebraremos o tradicional Cocido de Entroido do Casino, na Sala de Actividades da entidade ás 14:30h, aínda que podedes acercarvos antes que xa estaremos preparados para liala un chisco.


E nada máis, esperamos que disfrutedes do Entroido o mellor posible.

Saúdos.

9 de feb. de 2015

28 ANOS DE GOBERNO DE ALTERNATIVA VECIÑAL

O vindeiro mércores día 11, recibiremos no Salón de Actos do Casino de O Carballiño ó Alcalde de Oleiros (A Coruña), Don Anxo García Seoane, para escoitalo nunha conferencia que tratará dos gobernos de alternativas veciñais, como opción de goberno fronte ós partidos máis tradicionais.


A súa experiencia ó longo de 28 anos seguro que aportará unha información e un punto de vista que se nos escapa á maioría e que ben seguro enriquecerá a nosa percepción, así como a nosa cultura política.

É unha conferencia aberta a tódolos veciños, non a perdades.